Publicadas as clasificacións do II Open de Andainas

TUI_Premios

Entrega de trofeos en Tui25km. Sonia Gradin, Andrea Velevona, Jonathan Fernandez, Henrique Freixeiro, Jose M. Vazquez e Cesar Romay.

Publicamos a clasificación definitiva do II Open de Andainas de 25km que vimos de rematar coa última proba en Tui. Un día moi caloroso pero un percorrido moi interesante.

Finalmente fixemos a entrega dos premios e trofeos, así coma un sorteo de cheques para inscricións en actividades e unha tablet.

Tódolos participantes foron invitados a café e bebidas refrescantes antes e despois da marcha. Podedes ver as clasificacións aquí.

 

         

Esta entrada fue publicada en Varios. Guarda el enlace permanente.