Xa está aberta a inscrición para a XVIII ANDAINA 50K – CONCELLO DE RIBEIRA.
Volve o clásico de 50km a beira do mar. Pero lamentablemente este ano non é proba federativa, nin ten desconto para federados. O prezo é de 17 €.
Dende Xistra fixemos todo o que estaba nas nosas mans para poñer en comunicación á Federación e ós organizadores pero parece que, por algún motivo propio da dirección da Federación, non houbo interese en contactar cos organizadores.
De todas formas, a Xunta Directiva de Xistra proponvos a participación neste importante evento deportivo de gran tradición.
Enlace para inscricións
https://eventos.emesports.es/inscripcion/xviii-andaina-50k-concello-de-ribeira/