OPEN ANDAINAS 25 km
VIGO25km
VI Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022
Vigo25km e Vigo10km 2022
O 30 de outubro celebraremos dúas andainas deportivas, polos Montes de Vigo. Haberá unha marcha popular de 10km e a proba oficial de 25km.
Información das rutas:
-
Andainas abertas a tódalas persoas interesadas en facer deporte, adultos e nenos maiores de 14 anos. -
Distancias: Dúas distancias: 25 km e 10 km aproximadamente -
Dificultades: Alta-Técnica (25km) e Media-Baixa (10km) -
Para os deportistas non federados en montañismo o organización tramitará o seguro deportivo obrigatorio para a proba. -
Prezos:-
Participante na Andaina: 13 € -
Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 €
-
INSCRICIÓNS AQUÍ: Pasarela de pago seguro Xistra
A inscrición inclúe (entre outras cousas):
-
Permisos e autorizacións -
Dorsais -
Agasallos a participantes -
Avituallamentos durante o percorrido (aprox. cada 6 km) [lembrar levar vaso] -
Sistemas de control durante a marcha -
Incidencias de inscritos e pasarela web -
Marcaxe do trazado -
Equipo vasoira -
Recollida da marcaxe -
Asistencia para retirada de deportistas accidentados -
Ambulancias -
Seguro deportivo obrigatorio -
Seguro de RC entidade -
Servizos hixiénicos na saída e chegada -
Zona estiramentos -
Duchas e vestiarios -
Invitación consumición bebida fin da proba -
Diplomas finisher
Nota Federados FGM/FEDME
OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO.
Peche de inscricións: Martes, 25 de outubro ás 23:59 horas
Outras informacións
-
Acreditacións: ás 8:15 no lugar da saída. Pincha aquí para obter a localización. -
Farase entrega do Dorsal a cada participante. -
Punto de saída: Campo de Fútbol de Fragoselo -
ATENCIÓN: Os vehículos deben aparcar por riba das instalacións, para non bloquear o acceso ó campo. Ou abaixo, no torreiro da Capela de San Sebastián. -
Hora de saída marcha 25km: 9:00 am -
Hora de saída marcha 11km: 10:00 am -
Punto de chegada: o mesmo que a saída. -
O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas. OBRIGATORIO: vaso ou cantimplora. Non haberá vasos nos avituallamentos (redución de residuos)
-
Inscríbete canto antes. Non te demores. Prazas limitadas. -
Convida a tódolos teus amigos e coñecidos!
Importantísimo
-
-
Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable. Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km:OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO.
Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis.Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor:
Obrigas dos participantes:a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite.b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización.c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal.d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda.e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral.f) Non danar á natureza nin deixar residuos.g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio.i) Deberán levar o material necesario:a)- Sistema de hidrataciónb)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicasc)- Mochila ou equivalented)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles.e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas)
j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario.k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento.
SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G).f) Non danar á natureza nin deixar residuos.g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación.
Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open.
-
Máis información:
-
Teléfono/s: 644 58 32 50 (ou 654 165 730 só para urxencias) -
E-mail: info@xistra.org -
Web Xistra: https://xistra.org/ -
Web Open25km: https://25km.es/ -
Facebook Xistra: https://es-es.facebook.com/Clube.Xistra/