2022 – Deputación Axuda Organización Vigo25km

Logo Deputación de PontevedraPublicouse o día 21/09/2022 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas para clubs.

A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 509’11 € cantidade que deberemos xustificar na organización da Andaina Vigo25km da Copa Galega de Andainas 25km da FGM deste exercicio deportivo de 2022.

A Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a cadrar as contas do evento, a máis de que a Deputación concedeunos o uso de material publicitario para o día da proba.

         

Esta entrada fue publicada en Varios. Guarda el enlace permanente.