Expedición 2022 Himalaia Xistra – Ama Dablam

Expedición ós picos Island Peak, 6.189 mts e Ama Dablam, 6.812 mts.
Cordilleira do Himalaia – Nepal
Outubro-Novembro 2022

A expedición, formada por Begoña e Roberto, ten como primeiro obxectivo acadar o cumio do Island Peak, 6189 mts polos dous montañeiros. Máis tarde, Roberto López intentará tamén acadar o cumio do Ama Dablam, 6812 mts. Ambos picos están na cordilleira de Himalaia, en Nepal.

Dende o club faremos un seguimento da actividade mediante o sistema SPOT, e tamén desexámosvos o mellor e que acadedes as vosas metas.

ACTUALIZACIÓN 15/10/2022

Recibimos SMS de Roberto López indicando que todo vai ben, cun lixeiro atraso pero segundo o planificado e que non hai incidencias importantes. Neste momento están na aldea de Namche Bazar (3840m).

De momento a viaxe foi en avión dende Porto a Estambul, cun atraso por perda do enlace da aeroliña en Turquía, e logo ata Katmandú (Nepal). Dende alí, mediante avioneta, achegáronse ata Lukla (a 2800m de altitude). Mediante trekking organizado ascenden dende Lukla en dirección ó Campo Base.

Begoña e Roberto diante do Everest.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, Rincón do Socio y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.