XXXIV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS (11/09/2022)

OS SOCIOS DE XISTRA FEDERADOS EN 2022 TERÁN UN DESCONTO ESPECIAL DO 50% DO PREZO DO AUTOBÚS, SUBVENCIONADO INTEGRAMENTE POR XISTRA.

ATENCIÓN ÁS DATAS DE INSCRICIÓN: QUEN NON O FAGA POR ESTA WEB NO PRAZO INDICADO PODE FACELO DIRECTAMENTE NA FEDERACIÓN, PERO SEN SUBVENCIÓN.

XXXIV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

O Club Peña Trevinca – Montañeiros de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Montañismo organiza a XXXIV Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.

A actividade consistirá en percorrer o PR-G 194 SENDEIRO DE PELAMIOS. A saída será da Colexiata de Santa María en Xunqueira de Ambía.
Será un percorrido circular duns 14 km.

  • A actividade é gratuíta.
  • O bus sairá da Praza de España de Vigo, ás 7:30 h polo prezo de 10 € (os socios de Xistra terán un prezo subvencionado de 5 €).
  • Haberá un xantar de confraternidade (optativo) no Restaurante «O Mirador» en Allaríz, cun prezo de 12 €

Información da Ruta

Data: 11 de setembro de 2022

  • Distancia: Ruta Circular de 14 km, aproximadamente
  • Dificultade: Baixa

PECHE DE INSCRICIÓNS NA WEB DE XISTRA 07/09/2022 ás 23:59 horas

Prezo:

  • Bus Federados: 10 € – SUBVENCIÓN XISTRA: 5 €
  • Xantar: 12 €

Inscrición aquí: https://xistra.playoffinformatica.com/PanellActivitatsWeb.php

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM, Rincón do Socio y etiquetada como , , . Guarda el enlace permanente.