Xornada de Iniciación ó Barranquismo – 02/06/2018

Curso barrancos 2013

XORNADA DE INICIACIÓN BARRANQUISMO
VERDEAL
CURSO INTERNO XISTRA
02/06/2018
11:00h inicio actividade.
Comida campestre (bocata de cada un!!).
Necesario neopreno.
Podedes facer a inscrición neste enlace.

Actividade de iniciación e repaso de técnicas de barranquismo no río de Verdeal, no Concello de Moaña. Será unha actividade só para socios de Xistra que comezaremos o sábado ás 11:00 am e pararemos para comer uns bocatas (cada un o seu!).
Debedes levar neopreno e, se tendes, tamén casco, arnés, cabo de ancoraxe e 3 mosquetóns de seguro.
Os que non teñan o material deberán indicalo cando se apunten no club

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado | Comentarios desactivados en Xornada de Iniciación ó Barranquismo – 02/06/2018

Axudas Públicas – Xistra 2018

Informámosvos que, coma tódolos anos, vimos de solicitar as axudas para o deporte que diversas institucións públicas publicaron no que vai de ano: a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (é a do ano 2017) e a do Concello de Vigo.
Coma sempre: moito traballo administrativo (para uns poucos) e un beneficio económico para tódolos socios.
Agardamos que este ano se dea igual ou mellor que en anos anteriores e poidamos seguir apoiándovos nas vosas/nosas actividades deportivas.

Podedes ver os recursos acadados anos anteriores en http://xistra.org/o-clube/

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Axudas Públicas – Xistra 2018

Últimos días para inscribirse en Salceda 50km

Salceda de Caselas 50 km – 19/05/2018

Subindo a Faro Budiño

XI Andaina Concello Salceda de Caselas
Copa Galicia de andainas de 50 km (2018)
O sábado 19 de maio organízase a XI Andaina Concello Salceda de Caselas. Coma sempre o noso socio Manolo “Andarín” será o “culpable” dunha boa xornada de andaina.
Toda a información podedes atopala na web: www.aforna.org
Lembrade que a inscrición remata o martes 15 ás 20:00.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Últimos días para inscribirse en Salceda 50km

Hoxe: Último día de inscrición económica en Brión50km

Andaina Terras de Altamira – 26/05/2018

http://www.andainaterrasdealtamira.org/

CANTO VALE INSCRIBIRSE?
O prezo da andaina varía segundo a data na que te inscribas establecendose tres prazos para o pagamento:
– Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 12€*
– Dende o 1 ata ao 13 de maio: 16€*
– Dende o 14 ao 23 de maio (sen opción a bolsa do corredor): 12€*
* O prezo reducirase en 2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2018

 

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Hoxe: Último día de inscrición económica en Brión50km

Salceda de Caselas 50 km – 19/05/2018

Subindo a Faro Budiño

XI Andaina Concello Salceda de Caselas
Copa Galicia de andainas de 50 km (2018)
O sábado 19 de maio organízase a XI Andaina Concello Salceda de Caselas. Coma sempre o noso socio Manolo “Andarín” será o “culpable” dunha boa xornada de andaina.
Toda a información podedes atopala na web: www.aforna.org
Lembrade que a inscrición remata o martes 15 ás 20:00.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Salceda de Caselas 50 km – 19/05/2018

Aberta a inscrición con desconto en Brión 50 km

Andaina Terras de Altamira – 26/05/2018

As inscricións dende o 1 de marzo ata o 30 de abril son de 12 €*, dende o 1 ao 13 de maio será de 16€* e dende o 14 ata o 23 de maio será de 12€* (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do corredor).

*O prezo reducirase en 2€ para os socios de Xistra porque posuídes a licenza da Federación Galega de Montañismo en vigor durante a tempada 2017/2018.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Aberta a inscrición con desconto en Brión 50 km

Boa participación de Xistra nas Neves 50 km

As Neves – 7/04/2018.
Un ano máis os socios de Xistra asistiron a esta andaina esixente polas terras do Miño. Hoxe o tempo non foi caloroso, cuestións moi diferente ó ano pasado.
Coma sempre, moi bo ambiente e moita ilusión para unha tempada que comeza.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Boa participación de Xistra nas Neves 50 km

Únete a Telegram con Xistra

Date de alta e recibe noticias de Xistra no teu móbil.
Actívate!

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Únete a Telegram con Xistra

Camiñada 50 km – Entrimo

XV Camiñada de Montaña de Entrimo.

O vindeiro día 21 de abril do 2018 terá lugar a XV Camiñada de Montaña de Entrimo, cun percorrido de 50 quilómetros dividido en dúas etapas de 26 e 24 quilómetros cada unha delas que discurrirán pola Serra de Queguas, Penedos de Anamao (situados a unha altitude de 1.150 metros) Dolmen da Moura, inmediacións da Serra do Quinxo, Os Castelos, Pía da Moura, Área Recreativa de Pacín; e todo elo dentro do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés declarado Reserva da Biosfera.

O seu inicio terá lugar na Alameda do Concello, en Terrachán (Entrimo) ás 9.00 horas. O longo do traxecto situaranse postos de avituallamento de bébida e froita. Cara o mediodía e na mesma Alameda, os participantes da camiñada poderán repor forzas coa comida que ofrezca a organización.

A duración da proba é de 12 horas (de 9.00 horas – a 21.00 horas).

Información e Inscricións: no Concello de Entrimo (Tfno 988434.666 / Fax 988434.610) email: concello.entrimo@eidolocal.es e na web www.concelloentrimo.es
www.galitiming.com
www.andainaentrimo.galitiming.com

As inscricións pecharanse o xoves 19 de abril 2018 ás 23.59 horas. O prezo da inscrición será de 10 euros para NON FEDERADOS e de 8 euros para FEDERADOS.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Camiñada 50 km – Entrimo

Andaina 50 km – Padrón

Andaina de Padrón 2017

11ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 14 de Abril de 2018

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32 + 18), que transcorre por sendas, pistas forestais, devasas (cortalumes), sendeiros e chan asfaltado.

 

Máis datos aquí: http://andainabisbarradosar.com/

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Andaina 50 km – Padrón