Subvencións e Axudas

Subvencións:

  • Por participación

Os importes de subvención do ano próximo estarán en función a un reparto por participación en actividades do presente ano.
Asígnase un importe para reparto durante o ano presente de aproximadamente 1.500€ mediante concurrencia competitiva entre tódolos socios. O sistema de puntuación será o mesmo que o establecido pola FGM.
No reparto entran tódolos socios que teñan 3 puntos ou máis do baremo da FGM.

Se no reparto proporcional a cantidade asignada a un socio non alcanza os 5€, estes importes se sumarían ó socio con maior puntuación.

 
  • Por idade
Para os maiores de 65 anos, poderá existir unha subvención por idade. Estará en función das axudas que dea a Federación Galega para este colectivo.
Os maiores de 65 anos poderán compatibilizar a subvención por idade e por participación. (Subvención en vías de extinción dende a Federación)


Sistema de puntuación do baremo da FGM:

  1. As actividades do calendario FGM (marchas, cursos, etc.) xeran 1 punto por participación.
  2. As actividades de carácter estatal do calendario da FEDME, recoñecidas pola FGM, xeran 2 puntos por participación.
  3. As actividades do calendario FGM de carácter internacional, xeran 3 puntos por participación.
  4. As marchas de 50 quilómetros, xeran 1 punto por marcha, sempre e cando o participante consega o diploma acreditativo de finalización da marcha.