XXXIV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS (11/09/2022)

OS SOCIOS DE XISTRA FEDERADOS EN 2022 TERÁN UN DESCONTO ESPECIAL DO 50% DO PREZO DO AUTOBÚS, SUBVENCIONADO INTEGRAMENTE POR XISTRA.

ATENCIÓN ÁS DATAS DE INSCRICIÓN: QUEN NON O FAGA POR ESTA WEB NO PRAZO INDICADO PODE FACELO DIRECTAMENTE NA FEDERACIÓN, PERO SEN SUBVENCIÓN.

XXXIV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

O Club Peña Trevinca – Montañeiros de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Montañismo organiza a XXXIV Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.

A actividade consistirá en percorrer o PR-G 194 SENDEIRO DE PELAMIOS. A saída será da Colexiata de Santa María en Xunqueira de Ambía.
Será un percorrido circular duns 14 km.

  • A actividade é gratuíta.
  • O bus sairá da Praza de España de Vigo, ás 7:30 h polo prezo de 10 € (os socios de Xistra terán un prezo subvencionado de 5 €).
  • Haberá un xantar de confraternidade (optativo) no Restaurante «O Mirador» en Allaríz, cun prezo de 12 €

Información da Ruta

Data: 11 de setembro de 2022

  • Distancia: Ruta Circular de 14 km, aproximadamente
  • Dificultade: Baixa

PECHE DE INSCRICIÓNS NA WEB DE XISTRA 07/09/2022 ás 23:59 horas

Prezo:

  • Bus Federados: 10 € – SUBVENCIÓN XISTRA: 5 €
  • Xantar: 12 €

Inscrición aquí: https://xistra.playoffinformatica.com/PanellActivitatsWeb.php

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en XXXIV MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS (11/09/2022)

Barbanza25km – 2 Outubro 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM / FGM

OPEN ANDAINAS 25 km
BARBANZA25KM

IV Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM

BARBANZA 25 KM + BARBANZA 15 KM

Esta andaina forma parte da Copa Galega de Andainas de 25 km 2022

Este ano, de forma transitoria e considerando as condicións Post-Covid, non haberá competición de regularidade no Open temporalmente.

Actividade organizada por Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, Concello de Rianxo e Federación Galega de Montañismo.

Información da Ruta
Data: 2 de Outubro de 2022
Distancia: Ruta Circular de 25 km, aproximadamente
Dificultade: Media/Alta
Peche de Inscricións: 26 de Setembro, ás 23:59 horas

Web para inscricións e pagamento https://eventos.emesports.es/inscripcion/vi-barbanza-25km-copa-galega-de-andainas/

ATENCIÓN: OS SOCIOS DE XISTRA TERÁN UN DESCONTO NA INSCRICIÓN. SEMPRE QUE A FAGAN EN XISTRA. EN BREVE ESTARÁ DISPOÑIBLE A OPCIÓN A INSCRIBIRSE EN XISTRA.

Publicado en Actividades, Andainas25, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Barbanza25km – 2 Outubro 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM / FGM

Vídeo descenso río Verdugo – 26/08/2022

Publicado en Barrancos, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Vídeo descenso río Verdugo – 26/08/2022

Vídeo descenso río da Cal xuño 2022

Publicado en Actividades, Barrancos | Comentarios desactivados en Vídeo descenso río da Cal xuño 2022

Vídeo descenso Río da Cal 2022

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Vídeo descenso Río da Cal 2022

Descenso barrancos Río Verdugo 26/08/2022

BARRANQUISMO XISTRA – Río Verdugo – 26/08/2022

Actividade só para socios, federados FEDME B ou superior.

O descenso será o venres 26/08/2022.
Non está prevista durmida previa nin comida.

DESCENSO DE BARRANCOS XISTRA NO RÍO VERDUGO

26-08-2022 09:00:00 Río Verdugo – Concello de Ponte Caldelas
Actividade sen custo
INSCRICIÓNS NO SEGUINTE ENLACE:
https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/41/BARRANQUISMO-XISTRA-Rio-Verdugo-26-08-2022/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en Descenso barrancos Río Verdugo 26/08/2022

2022 – Concedida unha axuda pola Deputación de Pontevedra

Logo Deputación de PontevedraPublicouse o día 08/08/2022 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para entidades deportivas.

A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 1.135’81 € (é dicir, respecto dos 2.500’00 € de 2021 maniféstase un descenso sobre o ano precedente dun 55%), cantidade que deberemos xustificar a partir do peche do exercicio deportivo de 2022.

A pesares da importante reducción respecto do ano precedente (pero en liña doutros anos previos á Covid), a Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a cadrar as contas do exercicio, especialmente nun ano que estamos aportando recursos dende a entidade para sufragar os encarecidos desprazamentos ás áreas de alta montaña.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 2022 – Concedida unha axuda pola Deputación de Pontevedra

Ribeira 50km 2022

Cartel Ribeira 50km 2022

Ribeira 50 km 2022

Xa está aberta a inscrición para a XVIII ANDAINA 50K – CONCELLO DE RIBEIRA.

Volve o clásico de 50km a beira do mar. Pero lamentablemente este ano non é proba federativa, nin ten desconto para federados. O prezo é de 17 €.

Dende Xistra fixemos todo o que estaba nas nosas mans para poñer en comunicación á Federación e ós organizadores pero parece que, por algún motivo propio da dirección da Federación, non houbo interese en contactar cos organizadores.

De todas formas, a Xunta Directiva de Xistra proponvos a participación neste importante evento deportivo de gran tradición.

Enlace para inscricións
https://eventos.emesports.es/inscripcion/xviii-andaina-50k-concello-de-ribeira/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Ribeira 50km 2022

Convocatoria de Eleccións 2022 FGM

Procedemos a informarvos do proceso electoral da Federación Galega de Montañismo. Animámosvos a participar e presentarvos como deportistas, técnicos e árbitros en cada estamento da Asemblea. Para calquera cuestión, podedes falar con nós nos teléfonos do club.

Reproducimos circular emitida por Adolfo Puch:

<< Achégovos neste correo a Convocatoria de Eleccións 2022 xunto ao Regulamento e Calendario electorais coa aprobación definitiva da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia que rexirán o noso proceso electoral.

 Anímovos a unha participación activa nestas eleccións.

Comentarvos que conforme á normativa de referencia publicarase na páxina web da federación con accesos restrinxido aos federados/as mediante identificación co número de DNI, na solapa “Federación” no apartado de “Transparencia” no botón de “Proceso Electoral 2022“ (directamente no enlace https://fedgalmon.gal/proceso_electoral_2022/), toda a documentación que se vaia xerando.

 Rógovos difundades esta información entre os vosos socios.>>

 

Publicado en FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Convocatoria de Eleccións 2022 FGM

Preparando parón FGM de agosto

Aínda non nos avisaron dende a FGM, pero como tódolos anos supoñemos que farán un «parón» estival no mes de agosto… ¿que implica isto?

Pois se estades interesados en tramitar licenzas, ou ampliar as coberturas para poder viaxar a Europa ou ó resto do mundo; se ides solicitar os refuxios en agosto; se precisades facer outros trámites… ADIANTADE TODO A XULLO!!

Logo non digades que non estabades avisados. 😉

Publicado en FGM | Comentarios desactivados en Preparando parón FGM de agosto