Actualizados datos sobre Andainas 25km

Gondomar25kmXa están incorporados os datos relativos ás marchas de Gondomar25km e Pontedeva25km. Agardamos poder incorporar a de Tui25km en breve. Os percorridos son diferentes ós do ano pasado. Por iso estamos a tardar en subir os mapas e datos complementarios.

Tamén podedes ver os listados provisionais de inscritos (pechados a día 31/03/2015) nas diferentes andainas.

Vaste perder estas actividades?

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Actualizados datos sobre Andainas 25km

Aberta inscrición Gondomar25km

bannerIIOpenGondomar25km. Abierta la inscripción.
Segunda prueba en 2015 del Open de Andainas de 25km.
(Marchas de media distancia).
Nota de Prensa:
El Clube de Montaña Xistra tiene abierta la inscripción para la prueba Gondomar25km. Por segundo año se repite un recorrido en Gondomar, dadas sus excelentes características orográficas y paisajísticas. Es la segunda prueba de la copa de andainas de 25km de este año. La intención de las pruebas es fomentar el deporte de caminar. Este año las pruebas se celebran en los municipios de Vigo (ya realizada), Gondomar, Pontedeva (Ou) y Tui. Son marchas abiertas a todo el público mayor de 16 años, que se pueden realizar en un tiempo de entre 4 y 6 horas, dotadas de puntos de control y pequeños avituallamientos.
Este segunda prueba, prevista para el día 12 de abril, se denomina Gondomar25km y parte del polideportivo de municipal. Recorrerá lugares tan emblemáticos como los Muíños Novos, Couso, Alto do Cereixo, Portavedra y A Chan da Figueira. Posteriormente, en el mes de mayo se celebrará otra prueba en el municipio ourensano de Pontedeva y finalizará la copa con otra prueba en Tui el mes de junio.
Todas forman parte del II Open de Andainas. El objetivo no es ser el más rápido, sinó el más regular. Hay premios para los 3 mejores clasificados en cada prueba y también en la clasificación general.
Los precios son muy reducidos: 10€ por participante y sólo 8€ para todos los federados en montañismo.
El club cuenta en la copa de 2015 con el apoyo logístico del Coruxo F.C., la mancomunidad Montes de Vigo y los Concellos de Vigo, Gondomar, Pontedeva y Tui.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Aberta inscrición Gondomar25km

Entrega Premios Concursos 2014

cabecera-WPComo estaba previsto, ó finalizar a Asemblea Xeral de Xistra o día 13/02/2015, fixemos entrega dos trofeos ós deportistas merecedores dos mesmos polos cumios acadados durante o ano 2014.

 

Os galardóns foron para:
Alexandre – Categoría Base
Eduardo – Categoría Sénior

Parabéns ós dous.

PremioAlexandre2014 PremioEduardo2014

Publicado en Actividades, Concursos, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Entrega Premios Concursos 2014

Clasificación MontesDeVigo25km

Gondomar14MontesDeVigo25km

8 de marzo (domingo)
Publicados os resultados da primeira das probas do II Open de Andainas 25km

RESULTADOS DA MARCHA 2015 MONTESDEVIGO25KM ORDEADOS POR DORSAL
CLASIFICACIÓN DA MARCHA 2015 MONTESDEVIGO25KM POR PUNTUACIÓN

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Clasificación MontesDeVigo25km

Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2015
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente comunicamos a convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2014
Resumo de actividades 2014, proxecto 2015.
Axudas a deportistas.
Rogos e preguntas.
Acto de entrega de premios por Concursos de Montañismo Xistra 2014.

Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2015.

ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo.
O día será o venres 13 de marzo de 2015, en única convocatoria, ás 20:00 horas.
Haberá un acto no que faremos entrega dos trofeos por Concursos de Montañismo. Este ano reciben premio (correspondente á actividade de 2014) os seguintes socios:
3ª Categoría Base (menores de 15 anos):
Alexandre F.L.
3ª Categoría Sénior:
Eduardo Barrosa Picón

Finalizada a Asemblea haberá unha invitación a uns pinchos nun local da zona.
Sen outro particular, recibide un atento saúdo
Henrique Freixeiro
Presidente

Convocatoria en pdf

Publicado en Actividades, Concursos, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria

MontesDeVigo25km – Mánda as túas fotos!

Andainas15Se tes fotos da andaina de MontesDeVigo25km, e estás orgulloso/a delas, por favor compárteas con todos nós. Remite as túas fotos a info@xistra.org

Seguro que todos gozaremos coas fenomenais vistas e coa natureza. Grazas.

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en MontesDeVigo25km – Mánda as túas fotos!

Peque-Ruta domingo 15/03/2015

peque_rutas2015O domingo 15/03/15 faremos unha Peque-Ruta Xistra 2015.
Será unha saída polo río Eifonso. Levará unhas 4 horas andando, entre subida e baixada. A dificultade é baixa. Sairemos da estrada entre Bembrive e Beade, pero antes quedaremos na Praza de América cos nosos coches (zona parada de bus, diante da biblioteca de Travesas). Saída ás 9:00h. Actividade aberta a non socios.
Os interesados debedes inscribirvos mediante un correo, indicando os vosos nomes, idades e teléfono móbil a info@xistra.org
Máis datos en Peque Rutas.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Peque-Ruta domingo 15/03/2015

Curso de Montañismo Invernal – FGM

20131208_PenaOrnizEstá aberta a inscrición para a próxima fin de semana do Curso de Montañismo Invernal en Torrebarrio (León).
Está pensado para un contacto de iniciación co medio nevado, practicando movementos con crampóns e piolet. Practicaranse autodetencións para caídas en neve.
O prezo son 85€. Inclúe a durmida no refuxio, pero non inclúe comidas.
Tendes máis información chamando á Federación (986 20 87 58) e preguntando polo Director Técnico (Xosé Manuel). A folla de inscrición obrigatoria está en http://www.fgmontanismo.es/descargas/FICHAINSCRICIONCURSOSEGAM.pdf
Debedes facer a inscrición directamente na Federación pero, de tódalas formas, debedes mandar copia da folla de inscrición a Xistra, co fin de que nós saibamos cantos e quen ides ó curso. Estes cursos contan como actividades federativas para o baremo económico que repartimos en Xistra para os socios a fin de ano.

Publicado en Actividades, Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Curso de Montañismo Invernal – FGM

Finalizado o prazo de inscrición MontesDeVigo25km… pero!!

bannerIIOpenXa está pechada a inscrición para a proba de MontesDeVigo25km, … pero seguen abertas as inscricións para Gondomar25km (PO), Pontedeva25km (OU) e Tui25km (PO)!!!

Lembrade que se vos inscribides a varias conxuntamente tendes desconto asegurado. Ademais estade antentos ós 10 días de adianto na preinscrición, porque nestas outras probas será aplicado o recargo de 5€ para os que se inscriban tarde.

Animádevos a participar!!

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Finalizado o prazo de inscrición MontesDeVigo25km… pero!!

Últimas horas do prazo de inscrición en MontesDeVigo25km

CARTEL_XISTRA_II_Open_25km_petitÚltimas horas de prazo para a inscrición en MontesDeVigo25km. No día de hoxe ás 24:ooh finalizaremos a inscrición para a proba que partirá o domingo do campo de fútbol do Coruxo F.C. en Fragoselo.

Mañá (venres 6) será publicada a listaxe actualizada dos participantes inscritos.

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Últimas horas do prazo de inscrición en MontesDeVigo25km