CxM Maceda – 4 Participantes de Xistra e medalla

Pablo chegando á meta.

Pablo chegando á meta.

Este domingo 19/05/2013 celebrouse a carreira de Maceda na Serra de San Mamede. Participaron 4 socios de Xistra, e por primeira vez participou unha socia.

Os resultados non foron nada malos, situandonos entre os mellores postos dos 116 participantes. Antonio acadou medalla de prata na subcategoría de masculinos veteranos.Antonio Sobrado recibiendo o seu premio.

Marta finalizou esta primeira proba que foi caracterizada pola dificultade da serra, chea de neve do día precedente. Como premio espacial obterá unha axuda idéntica ás socias que queiran participar na proba de Chandrexa.

Estivel, Antonio e Pablo sempre correron nos postos avanzados de proba, que foi gañada por Arca, un dos corredores máis potentes da Competición galega.

corredores de Xistra. De esquerda a dereita: Pablo, Antonio, Marta e Estivel.

Corredores de Xistra. De esquerda a dereita:  Pablo, Antonio, Marta e Estivel.

 

 

Podes ver fotos en picasa, facebook e na web da FGM

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

Chandrexa Trail – Especial Carreiras

Cartel Carreira Chandrexa

Sabedes que o ano pasado comezamos a promoción para as Andainas de 50km. Agora queremos ver ós nosos socios como comezan a participar nas Carreiras por Montaña.

Isto foi o que fixo que xa teñamos a nova indumentaria Xistra Xtremo, e que os nosos socios participaran na Carreira de Viveiro e tamén imos participar na de Maceda. Pero queremos máis.

Interésanos moito que as socias participen nas carreiras e sabemos que algunhas de vós corredes habitualmente. Por iso pensamos que a de Chandrexa pode ser a carreira para dar o salto das «chicas». Así, as que queiran probar nesta carreira deben saber que terán unha camiseta de Xistra Xtremo e un premio adicional de 10€ por rematar. Non fai falta conseguir podio, só rematar e representar a Xistra. As interesadas tendes que avisar canto antes.

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

VI Andaina Concello Salceda de Caselas – Copa Galicia de 50 km (2013)

VI Andaina Concello Salceda de Caselas
Copa Galicia de 50 km (2013)

O noso socio Manolo, organizador da marcha de Salceda, pídenos colaboración para difundir a súa actividade. Sabemos que é moi dificultoso organizar estas cousas, polo que ten todo o noso apoio e solicitámosvos a todos que vos apuntedes, participedes e comentedes cos vosos coñecidos o interesante desta actividade.

Podedes ver información na súa web http://bretema.uvigo.es/andaina.htm

Podedes ver o percorrido virtual nun vídeo clicando aquí

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

Saída Picos de Europa – Atención Aprazada.

Manuel Pena informa que a saída a Picos de Europa prevista para esta fin de semana queda aprazada polas previsións de mal tempo que están dando os servizos meteorolóxicos.

Cando teñamos unha nova data procederemos a dar aviso.

Publicado en Actividades, Varios | Deja un comentario

XXVI Marcha Galega de Vivac FGM

XXVI Marcha Galega de Vivac FGM
Xa temos aberta a inscrición á Marcha Galega de Vivac. Será na Serra do Xurés, e en próximas datas daremos información sobre horarios, percorridos e sobre a opción do xantar na finalización da marcha.

Esta actividade xeralmente é esixente. Tendes que levar todo o necesario para pasar a noite e non está prevista a asistencia no punto da durmida. É probable atoparnos con escaseza de auga para beber.

Lembrade que ademais de facer a inscrición no seguinte enlace, tendes que encher a ficha de actividades da Federación e entregala xunto cunha copia da vosa licenza.

Folla INSCRICIÓN XISTRA (Necesaria)

Folla INSCRICIÓN FGM (Obrigatoria)

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

50km Boqueixón – Camporrapado. Unha proba máis dura do agardado.

Fervenza do Toxa - 50km BoqueixonEste ano a marcha de Boqueixón, chamada «ruta do colesterol», foi máis dura que o ano anterior. Un percorrido fermoso, impresionante e con moito bosque, pero que foi duro polas constantes subidas e baixadas. Un rompe pernas, no que os socios de Xistra chegaron en gran número: máis de 15 socios remataron a proba. O tempo acompañou e facilitou que a andaina fose levadeira. Incluso houbo momentos en que as temperaturas foron demasiado baixas.50km Boqueixón.
Cremos que os organizadores teñen que re-pensar o do nome da andaina: será bo para o colesterol, pero sempre que non te dea un ataque ó corazón!!
Agradecemos tamén a colaboración de Sonia López, de Galifisio, que foi de gran axuda ós nosos deportistas coas súas boas prácticas de fisioterapeuta.

Publicado en Actividades, FGM, Varios | Deja un comentario

III CxM San Mamede 2013

Carreiras por Montaña 2013III CxM San Mamede 2013
2ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña

Data: domingo, 19 de maio de 2013.
Lugar: Maceda (Ourense)
Organizador: Club Vía XVIII

Os corredores de Xistra interesados en participar nesta proba oficial da FGM e que non dispoñan aínda da camiseta de Xistra eXtremo, so tendes que solicitala canto antes.

ADVERTENCIA:
Tódalas persoas federadas na Federación Galega de Montaña que vaian a tomar saída nas modalidades ANDAINA ou CARREIRA DE MONTAÑA o vindeiro domingo 19 de Maio en Castro de Escuadro, no momento de recoller o dorsal deberán entregar a súa licencia federativa que lle será devolta unha vez finalicen a proba na que se inscribiron.
Máis info: http://via18.com/

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

XXVI MARCHA GALEGA CON VIVAC

O Clube de Montaña Xistra prepara a XXVI Marcha de Vivac da FGM, con vistas a celebrarse na Serra do Xurés os días 15 e 16 de Xuño.

Proximamente abriremos a inscrición e daremos máis información sobre esta actividade.
20130502 circular clubs

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

Expedición Galega ó Pico Lenin_2013 (Kirguistán)

Roberto López envíanos unha proposta:
Adxunto un resume da proposta de expedición 100% galega para intento de ascensión ó Pico Lenin, 7134 mts de altitude no vindeiro mes de xullo.
Si alguén estivera interesado en unirse a esta expedición que mo faga saber.
Publicado en Rincón do Socio, Varios | Deja un comentario

Camiñada de Entrimo – Unha proba dura

Control do 2º anel

Control do 2º anel

O día 20/04/2013 celebrouse a Camiñada de Entrimo 50km. Foi alta a participación de socios de Xistra. O tempo acompañou con moito sol. Os camiños, despois deste húmido inverno, máis parecían ríos que calzadas.
Esta proba tivo, para os socios de Xistra, unha sorpresa especial: os servizos profesionais en exclusiva para o club de Sonia López, Fisioterapeuta da clínica Galifisio de Vigo. Os socios deron moi bos comentarios sobre a idea e sobre os resultados das masaxes.

Fin da Marcha 50km Entrimo e Fisioterapeuta de Galifisio.

Fin da Marcha 50km Entrimo e Fisioterapeuta de Galifisio.

Como comentario final, un dos primeiros en rematar a proba foi un socio de Xistra, que fixo a marcha nun tempo de 7 horas. Parabéns a tódolos e tódalas socias que participaron.

Publicado en FGM, Rincón do Socio | Deja un comentario