2021 Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra

CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2021

O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 22 de outubro de 2021 ás seguintes horas: ás 21:00 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 21:30 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2020.
  3. Resumo de actividades 2020, proxecto 2021 e 2022.
  4. Ratificación acordo Xunta Directiva bonificacións Covid-19.
  5. Rogos e preguntas.

Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2021.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Modificar os Estatutos do Club. (Está dispoñible a nova redacción dende o 13/09/2021 na web https://xistra.org )

IMPORTANTE

Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes.

Tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/26/Asembleas-Xerais-2021-C-M-Xistra/
dispoñible na web do club. Tamén están dispoñibles os documentos relacionados (actas, contas, e novos estatutos)

ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en 2021 Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra

XIV Carrera Cañón del Sil (2021)

XIV Carrera Cañón del Sil (2021)

Nova edición desta carreira por montaña que se celebrará o domingo 24 de Outubro no municipio de Parada de Sil.
A XIV Carreira Canón do Sil (Copa Galega) comezará ás 09.00 horas, terá un percorrido de 33 quilómetros e levarase a cabo polas fermosas paraxes do Canón do Sil.
Paralelamente tamén se disputará a X Media Carreira (Copa Galega Junior Open), con inicio tamén ás 09.30 horas e 17 quilómetros de circuíto, e a IV Mini Carreira e Cadete Canón do Sil (Copa Galega Cadete Open), con saída ás 10.30 horas e percorrido de 7 quilómetros.
Os participantes da Carreira e da Media Carreira sairán desde a praza do Concello, mentres que os corredores da Mini Carreira e Cadete sairán desde Caxide.

O prezo das inscricións será:
-Carreira: 26 euros
-Media Carreira: 22 euros
-Mini Carreira: 18 euros
-Cadete: 3 euros

Máis información e inscricións en:
http://www.ribeirasacracm.org/
https://ccnorte.com/evento/detalle/page/3/id/2193/xiv-carreira-canon-do-sil

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en XIV Carrera Cañón del Sil (2021)

XXXIII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

XXXIII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

Lugar: Foz (Lugo)
Data: 17/10/2021
Actividade: Marcha lineal aberta a calquera federado.

Remata a Marcha, dada a situación epidemiolóxica, haberá un xantar de confraternidade, seguindo os protocolos marcados para hostalería; será no restaurante A Yenca cun prezo de 15€.
Só os participantes con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo conmemorativo.
O prazo para anotarse a esta actividade en Xistra remata o mércores día 13 ás 22h.
Haberá un bus para os que se acheguen en coche ata Foz, para achegalos o punto de saída.
Hai opción ir en autobús dende Vigo; a saída será dende a Praza de España de Vigo, ás 6:30h am, cun prezo de 15€.
O lugar de encontro para os que vaian de fóra de Foz será, no restaurante Rías Altas en San Cosme de Barreiros, as 10:00h.
Punto de encontro restaurante Rías altas San Cosme de Barreiros.
https://g.page/riasaltas?share
Xantar restaurante A Yenca, praia de Arealonga, San Miguel de Reinante.
https://goo.gl/maps/UoJuLtvo1t7RqW9t6

IMPORTANTE

Deben indicar no momento da inscrición tanto se van ir en autobús coma se queren xantar. Se non indican estas opcións, enténdese que rexeitan as mesmas.

Inscricións e pagamento aquí: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/25/XXXIII-MARCHA-GALEGA-DE-MONTANEIROS-VETERANOS-FGM/

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en XXXIII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

Proxecto de modificación de Estatutos Sociais de Xistra.

Redación provisional Novos Estatutos (pfd)

Xunto presentamos a redacción provisional para a modificación dos Estatutos de Xistra.

Pregamos que calquera socio faga achegas no caso de querer mellorar ou cambiar algún parágrafo do mesmo.

Os cambios serán sometidos a votación na próxima Asemblea Xeral Extraordinaria.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Proxecto de modificación de Estatutos Sociais de Xistra.

Concesión subvención 2020 Xunta de Galicia

Publicouse o 20/08/2021 no DOG a concesión de 1.013’05 € para o C.M. Xistra en concepto de subvención para Actividades Deportivas da Xunta de Galicia, correspondendo á pasada anualidade de 2020.

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Concesión subvención 2020 Xunta de Galicia

Escalada deportiva Tokyo 2020

Escalada deportiva Tokyo 2020

Enlace á web da RTVE para ver a proba combinada masculina final bloque.

https://www.rtve.es/play/videos/escalada-deportiva-tokyo-2020/combinada-masculina-final-bloque/6040423/

Publicado en Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en Escalada deportiva Tokyo 2020

Éxito – Expedición pico Khan Tengri, 7010 mts – Kirguistan

Peak of Khan Tengri at sunsetO noso socio Roberto López, Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN e DEPO-DAN), comezou e rematou unha nova expedición; neste caso a Asia.

A saída deportiva foi para ascender nunha expedición ó pico Khan Tengri, 7010 mts, na Cordilleira do Tian Shan – Kyrguyzstan.

Saída prevista: mércores 28/07/2021
Regreso previsto: martes 24/08/2021

A aventura comeza en Baiona para viaxar en avión ata Madrid, logo Estambul e Kirguistan. Logo en bus (6 horas) ata Karkara e por último en helicóptero ata o Campo Base a 4000 m.s.n.m.

A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E O NOSO COMPAÑEIRO ESTÁ EN CASA GOZANDO DA EXPERIENCIA TAN POSITIVA.

Xeolocalización: mediante SPOT
Dende o seguinte enlace se poderán seguir as posicións e movementos en tempo real (si está conectado):
https://maps.findmespot.com/s/JS50#history/assets

Boa sorte e agardamos saber máis dos resultados cando regreses.

Máis datos deste monte na Wikipedia: +info

 

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Éxito – Expedición pico Khan Tengri, 7010 mts – Kirguistan

12/09/2021 – Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

Informan dende a Asociación Os Sendeiros de Foz que están preparando a Marcha de Veteranos de Galicia.

Está prevista para o 12 de setembro (xusto despois da marcha de 50 km do Bibei) no Concello de Barreiros (Lugo). É unha actividade enfocada ós maiores de 40 anos, pero na que poden participar o resto dos montañeiros federados.

Xunto podedes descargar o correo de invitación. De momento non temos máis datos da actividade.

Máis info.: Información da marcha

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en 12/09/2021 – Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

11/09/2021 – I Andaina Terras do Bibei

Cartel informativo da andaina11 de Setembro de 2021

Proba puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 Km da Federación Galega de Montañismo

Máis información e inscricións na súa web.
http://andainaterrasdobibei.com/

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en 11/09/2021 – I Andaina Terras do Bibei

Xuño 2021 – Outra vez… país!!!

«Hace un día estupendo, seguro que viene alguien y lo j…»

Seguro que todos coñecemos a frase.
E se buscamos na web atoparemos moitas referencias a ela.
E moitas respecto desta pandemia.

Pois iso.
Outro paso atrás na pandemia por estupideces varias, dos de abaixo, dos de arriba e dos do medio.

País!, que diría o Forges

(Antonio Fraguas de Pablo)

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Xuño 2021 – Outra vez… país!!!