Acción solidaria Ponteareas25km

O Clube de Montaña Xistra realizou unha doazón de 800€ para alimentos e produtos de hixiene básica para as persoas desfavorecidas no Concello de Ponteareas. Estes cartos proveñen das inscricións na proba #Ponteareas25km deste ano.
Xa no pasado ano fíxose unha doazón para a mesma causa de 600€.
Isto é posible grazas as vosas inscricións e á participación activa do Concello de Ponteareas que facilita moito a realización da proba.
Grazas a todas e todos.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Acción solidaria Ponteareas25km

SORTEO INSCRICIÓNS TUI25KM GRATIS

ATENCIÓN:

PREMIADOS NO SORTEO DE 5 PRAZAS GRATIS.

Realizado o sorteo aleatorio na páxina de «Sortea2» o resultado cos 54 inscritos ata o domingo 10 é o seguinte:

  • JAIME GIL LOVERA
  • MANOLO PONTE ABEIJON
  • ANGELES COSTA PAREDES
  • TOÑO LOPEZ VILLAR
  • JOSE MANUEL CAO RODRIGUEZ

Parabéns ós premiados.

«AS INSCRICIÓNS ATA O DOMINGO 10 PODEN SAÍR GRATIS.
SORTEO DE 5 PRAZAS GRATIS
Os inscritos ata o domingo día 10 de novembro de 2019 na proba de Tui25km e na de Coñece o Aloia de 16 km poden resultar agraciados con algunha das 5 PRAZAS GRATIS.
O sorteo efectuarase o luns 11 cos inscritos ata o día 10, e serán reembolsados polo importe da súa inscrición. Oa agraciados serán comunicados por este mesmo medio.
Correde a inscribirvos. Sorte.»

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en SORTEO INSCRICIÓNS TUI25KM GRATIS

XIII Andaina da Castaña e de Cativos – 10/11/2019

Anímovos a participar na XIII Andaina da Castaña e de Cativos
E xa van trece
Esperámosvos  para que gocedes desta zona da Ribeira Sacra PARADA de SIL
As inscricións rematan o Mércores día 6 de Novembro
https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1951/xiii-andaina-da-castana
Mais información en:
http://www.ribeirasacracm.org/xiii-andaina-da-castana-e-de-cativos-2019/

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en XIII Andaina da Castaña e de Cativos – 10/11/2019

Aberta inscrición «Tui25km» e «Coñece o Aloia 16 km» – 24 Novembro 2019

CartelTui25kmO Clube de Montaña Xistra en colaboración co Concello de Tui e a Entidade Local Menor de Pazos de Reis anima a participar na marcha puntuable do VI Open de Andainas de Regularidade “Tui25km” (longa) ou a andaina non puntuable de 16 km que se celebrarán o domingo 24/11/2019.

Proba puntuable Tui25km
A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming
O prezo de inscrición é de 12€ en xeral e de 9€ para montañeiros federados FEDME.
O lugar de inicio será na Macoca. A saída será ás 9:00 h con saída en liña.

Proba libre Coñece o Aloia 16 km
A inscrición da proba de 16 km debe realizarse na páxina web de galitiming
O prezo de inscrición é de 10€ en xeral e de 7€ para montañeiros federados FEDME.
O lugar de inicio será na Macoca. A saída será ás 9:30 h con saída en liña.

Enlace para a inscrición na pasarela de Galitiming -> Aquí

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , , , , , , , | Comentarios desactivados en Aberta inscrición «Tui25km» e «Coñece o Aloia 16 km» – 24 Novembro 2019

Aberta inscrición Ponteareas25km e Marcha Solidaria 12km

O Concello de Ponteareas en colaboración co Clube de Montaña Xistra anima a participar na marcha puntuable do Open de Andainas de Regularidade “Ponteareas25km” ou na RUTA SOLIDARIA de 12 km que se celebrarán o domingo 27/10/2019.

A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming http://cort.as/-SEOF

A inscrición da proba de 12 km Ruta Solidaria de Ponteareas debe realizarse nesta web http://cort.as/-SEwm , cumprimentando o formulario anexo. Este percorrido ten unha finalidade benéfica polo que cada participante deberá doar un produto de hixiene e/ou alimentación non perecedoira para o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas, a entregar no punto de saída.

Os participantes na marcha de 25 km tamén poden aportar doazóns co mesmo fin.

A marcha de 12 km sairá ás 10:00 a.m. / a marcha de 25 km sae ás 9:00 a.m.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Aberta inscrición Ponteareas25km e Marcha Solidaria 12km

Ancares 2019 11-12-13/10/2019

Actividade na Serra de Ancares.

Aínda non chegaron as neves, nin están previstas. Por iso visitar a Serra de Ancares nestas datas permite gozar coas cores do outono e das paisaxes dende os seus cumios.

Esta actividade para socios federados está prevista con chegada a Piornedo o venres 11, con durmidas no hotel (está pendente de consultar prezos)  e actividades o sábado e o domingo.

Para reservar prazas e pedir prezos precisamos que os interesados vos inscribades canto antes no formulario seguinte -> AQUÍ RESERVAS.

Último día para inscribirse o martes 8/10/2019

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado | Comentarios desactivados en Ancares 2019 11-12-13/10/2019

XVII Camiñada Terrachán-Peneda 21/09/2019

XVII Camiñada Terrachán-Peneda.

A camiñada terá lugar o vindeiro día 21 de setembro de 2019 (Sábado) e partirá as 9.00 horas dende a praza do Concello de Entrimo.

O percorrido de 19 quilómetros comeza na praza ou alameda do Concello, pasando por Ferreiros de Abaixo, Pereira, Ribeiro, e estará debidamente sinalizado. Unha vez chegados á Peneda os participantes serán recollidos en autobuses para regresar ao punto de partida na Alameda, onde se celebrará un xantar campestre para recuperar as forzas.

Ao longo do percorrido haberá puntos de aprovisionamento de bebida e froita.
O prezo de inscrición será de 10 euros para non federados e de 8 euros federados.
PARA ACCEDER OS AUTOBUSES DE RETORNO E O XANTAR CAMPESTRE E OBRIGATORIO LEVAR O DORSAL EN LUGAR VISIBLE.
Información en inscrición na web do Concello

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en XVII Camiñada Terrachán-Peneda 21/09/2019

FEDME – Montañeiros Veteranos 2019 (setembro)

ARENAS DE SAN PEDRO

El «Grupo Gredos de Montaña«, al celebrar su 50 Aniversario, junto con la «Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada« y la «Federación de Deportes de Montaña de Castilla y León«, con la colaboración del «Ayuntamiento de Arenas de San Pedro«, animan a todos los montañeros federados mayores de 40 años a participar en la 46 MARCHA NACIONAL DE MONTAÑEROS VETERANOS 2019 que se realizará los días 27, 28 y 29 de septiembre de 2019.

MÁIS DATOS EN
http://grupogredos.com/index.php/marcha-nacional-de-montaneros-veteranos-presentacion/

La inscripción da derecho a:

  • Bolsa del participante que incluye
    • Recuerdo del encuentro
    • Camiseta conmemorativa del evento
    • Regalos y productos de la zona
    • Información turística
  • Asistencia a los actos oficiales
  • Almuerzo del sábado (día de la marcha nacional)
  • Picnic a la llegada
  • Servicio médico y de evacuación

A la hora de recoger la documentación será necesario presentar el DNI junto con la licencia del año en curso.

Cuota de inscripción hasta 31 de julio – 25 €
Cuota de inscripción hasta 21 de septiembre – 35 €

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en FEDME – Montañeiros Veteranos 2019 (setembro)

8 DE SETEMBRO: XXXI MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

ATENCIÓN: CAMBIO DE HORA. Informan dende Celtas que a hora de saída da Praza de España o domingo será ás 07h30. (Información do día 05/09/2019).

8 DE SETEMBRO: XXXI MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
DATA: 8 de setembro de 2019
LUGAR: San Clodio – Ribas de Sil
SAÍDA: 06h30 de Praza de España
CHEGADA: 20h30 a Praza de España

Esta actividade está reservada a federadas e federados pola Federación Galega de Montañismo e que teñan máis de 40 anos.

Programa Día 8
08h45: Recepción Participantes
09:00h: Comezo XXX Marcha Galega Montañeiros Veteranos
14h45: Xantar Conxunto
17h30 Entrega de Agasallos e clausura
A ruta é circular de case 15km e realizarase polo PRG180 que discorre pola beira do Sil a carón do gran meandro de A Cubela, polos bosques de castiñeiros e prados de Castro, Moreiras e Torbeo.

Prezos
– Autobús: 10€
– Xantar: 12€

ANIMÁDEVOS!! INSCRICIÓN E PAGO ON-LINE AQUÍ.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 8 DE SETEMBRO: XXXI MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS

Rianxo – 29/09/2019 #Open25km #Barbanza25km

Barbanza25km – Inscricións abertas

Xa está aberta a inscrición para a proba Barbanza25km.

Podedes acceder neste enlace:

Barbanza25km

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Rianxo – 29/09/2019 #Open25km #Barbanza25km